25 maio – 10 setembro 2023
Sala 1. Segunda planta
Despois de once anos de exilio en América Latina e no Caribe, Eugenio Granell e a súa familia establecéronse en Porto Rico en xaneiro de 1950. O artista comezou a traballar como catedrático de Belas Artes na Universidade de Porto Rico, no Recinto de Río Pedras. Esta exposición explora como Granell logrou formar a primeira escola de arte moderna en Porto Rico (1950-1959) mediante os ensinos do surrealismo e da arte moderna. Tamén analiza a súa linguaxe plástica nese período e de que maneira axudou a desenvolver o talento de artistas portorriqueños para que lograsen facer a transición cara a unha narrativa moderna nas próximas décadas de expresión plástica en Porto Rico.
José Correa Vigier, comisario e historiador