Home » Actividades » A MIÑA PEZA FAVORITA

A MIÑA PEZA FAVORITA

Imaxe: A miña peza favorita

Intervén: Cristina Trigo
Martes 20 Xuño, 19.00h

A Miña Peza Favorita iniciouse no ano 1997 e consiste en seleccionar unha peza, entre todas as que forman parte das coleccións da Fundación Eugenio Granell, para que o invitado elabore un comentario persoal cunha nova visión desde unha perspectiva actual.
Esta actividade está aberta a calquera persoa interesada tanto na Fundación como na arte ou na figura de Eugenio Granell, contando tamén coa participación de persoas relacionadas con diversos ámbitos como a arte, a educación ou a comunicación.
Nesta ocasión contamos coa intervención de Cristina Trigo.