Home » Exposicións » PHILIP WEST. PEGADAS E MARCAS

PHILIP WEST. PEGADAS E MARCAS

Imaxe: Pegadas e marcas

11 maio, 2023 – 2024
Sala Philip West. Primeira planta

Pegadas e marcas supón un espazo onde divagar sobre a relación que o artista establece co medio a través de marcas que serven de guía nun mapa imaxinario.

Ese mapeado alude a un terreo íntimo, un lugar indeterminado, poboado de desexos, relacións persoais, marcas terrestres, sexo explícito, cortexo amoroso e unha constante sensación de inestabilidade.

Neste itinerario atopamos obras de diferentes formatos, unha selección onde destaca a variedade de soportes que utilizou West, onde o debuxo e a gráfica ocupan un lugar importante.

A mostra terá un eixe fundamental a través das marcas e das pegadas, un procedemento efémero que se relaciona coa idea de tránsito. Neste caso esa pegada semella vencellarse a conceptos como a autoría, o feito de crear sen intención de perdurar, simplemente como un recurso que sinala o paso do creador polo espazo que habita e desaparece.

O amor, a sexualidade, a procreación e a morte son algúns dos recursos perennes no proceso do artista. Uns procedementos que o vencellan directamente con algúns movementos artísticos do momento. Sen embargo a súa posición arriscada fai máis patente esa necesidade de vencellarse co universo surrealista, coma se fora un espazo libre que evitara condicionamentos propios doutros movementos.

FOLLETO