Mércores 31 de Maio
11.00 a 14.00h e de 17.00 a 20.00h
Continuando co seu obxectivo de promoción e apoio á literatura, un ano máis, a Fundación Eugenio Granell organiza o Maratón de lectura, que terá lugar o mércores 31 de maio.
Nesta ocasión a Fundación Eugenio Granell dedica o Maratón de Lectura a María Casares e o seu pai Santiago Casares Quiroga, continuando así coa traxectoria de maratóns dedicados a difundir o coñecemento sobre aquelas persoas vinculadas a Eugenio Granell e que, como el, sufriron o exilio.
No seu libro Memorias de Compostela, Eugenio Granell, fai referencia a ámbolos dous, filla e pai. Eugenio Granell lembra a casa de Santiago Casares Quiroga situada na rúa de Panaderas: “No final daquela, e a esquerda, encontrábase a casa de Santiago Casares Quiroga, vilmente maltratada o súa lembranza polo fascismo español, sen que aínda se reivindicara a súa honra”. Tamén neste libro alude a María cando comenta: “O grupo dos meus curmáns e o dos nenos que acostuman xogar fronte á casa de Casares, formaban as veces un só grupo no que vi mais dunha vez a María Casares, por entón a nena máis pequena do conxunto”.
Este ano contaremos coa inestimable colaboración da Casa Museo Casares Quiroga.
Como todos os anos poderedes achegarvos ao Museo de 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.00h, a escoitar ou a participar lendo algún fragmento da obra do escritor seleccionado.
Para facer máis doada a organización da actividade, todos aqueles que desexen participar poden chamar aos teléfonos 981 572124 ou 981 576394 ou escribir ao correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org indicando a hora á que lles gustaría intervir.
Queremos aproveitar esta ocasión para agradecer a participación daqueles que, ano tras ano, nos veñen acompañando no desenvolvemento desta actividade e animar a todas/os a unirse á celebración deste ano.