Conferencia A CIA en América latina
Manuel de la Iglesia Caruncho
26 de abril de 2023, 19.00h
As intervencións de Estados Unidos en América Latina en décadas pasadas son ata certo punto coñecidas, aínda que paga a pena revisalas e tratar así de adiviñar o seu papel en acontecementos máis recentes, como os cambios experimentados na derradeira década por algúns gobernos de distintos países da rexión.
Esto conduce a outra pregunta: Que pode traerse agora entre mans a CIA en América Latina?.
Dedicarase unha mirada especial a algúns países da rexión.
Manuel de la Iglesia Caruncho
Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense de Madrid. Foi Profesor invitado da Universidade de La Habana e Visiting Fellow no instituto de Estudios de Desenvolvemento da Universidade de Sussex. Traballou coa Cooperación Española en Madrid e, durante case quince anos, en Nicaragua, Honduras, Cuba e Uruguai. Ademais de escribir varios libros como narrador e ensaísta, colabora habitualmente co medio dixital Mundiario, a magazine de Wall Street International e Confidencial de Nicaragua; e ocasionalmente coa revista dixital Bravas, o semanario Brecha de Uruguai e a revista cultural centroamericana Carátula.