Home » Actividades » DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO NA FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO NA FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL

Imaxe: Día Internacional do Libro

A Fundación Eugenio Granell súmase á celebración do Día Internacional do libro coas actividades:

  • LIBRO por LIBRO: pequena feira de intercambio de libros de arte.

Na semana do día do libro, do 18 ó 21 de abril, a biblioteca da Fundación Eugenio Granell organiza a actividade ”Libro por libro”, que consiste en que todos aqueles particulares e institucións que o desexen poderán intercambiar os seus libros por calquera dos que se atopan nos stocks de libros repetidos da Biblioteca da Fundación Eugenio Granell.
Asemade a Fundación Eugenio Granell convida a calquera biblioteca interesada nesta iniciativa a participar connosco.
A filosofía da actividade pode resumirse no lema: “Alguén ten un libro que ti queres, alguén quere o libro que ti tes”.
Pola súa parte a biblioteca da Fundación Eugenio Granell conta con libros repetidos (novos e usados) dos eidos da arte, cultura, ciencias sociais, etc. así coma libros que edita a propia Fundación, que serán postos a disposición do público en xeral co fin de intercambialos por outros títulos das seguintes áreas temáticas: surrealismo, vangardas, e arte étnico.
Para realizar o intercambio deberán dirixirse á Biblioteca da Fundación Eugenio Granell de 11:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:00h.

  • BOOKCROSSING: A Fundación Eugenio Granell únese á iniciativa bookcrossing con motivo do Día Internacional do Libro.

O venres 21 de abril, a Fundación Eugenio Granell, unirase a outros centros e museos de todo o mundo nunha experiencia de bookcrossing coordinados polo Museo ARTIUM de Vitoria-Gasteiz.

Museos de arte comparten este venres 21 de abril un vídeo comunitario no que cada un deles recomendan a lectura dun ou varios libros. #Bookcrossing2023