Home » Actividades » FABRIZIO CLERICI. BARROCO, FANTASÍA, TEMPO

FABRIZIO CLERICI. BARROCO, FANTASÍA, TEMPO

Imaxe: Fabrizio Clerici. Barroco, fantasía, tempo

Charla impartida por:
Helena Santidrián Mas
Xoves 13 de abril de 2023, 19.00h

Fabricio Clerici (1913-1993) foi un pintor milanés que viviu durante a maior parte da súa vida en Roma. A súa obra, relativamente pouco coñecida e próxima ao Surrealismo e á Pintura Metafísica, foi asociada con diversas correntes artísticas. De feito, as obras de Clerici derivan directamente da metafísica do pintor Alberto Savino e reciben marcadas influencias surrealistas, pero no pertence plenamente a ningunha das dúas correntes. A súa obra foi cualificada por algúns críticos, como Alfred H. Bart, de “arte fantástico”, e ten como base teórica o citacionismo erudito e a recuperación de temas e iconas da Idade Antiga, especialmente a Clásica. Destacan como principais temas estéticos da obra do pintor, a visión neobarroca e neorromántica do mundo e a inesgotable curiosidade do artista pola vida.
Esta charla pretende dar unha idea xeral da obra de Clerici, a súa categoría e os seus temas principais, ademais de analizala brevemente desde un punto de vista estético, identificando nela algúns conceptos filosóficos teorizados por Jean-Baptiste Du Bos e Edmund Burke, como a idea do “instante fecundo” e a cuestión da xerarquía entre as artes.

Helena Santidrián Mas (2000, Santiago de Compostela) estudiou en Londres, Reino Unido e en Milán, Italia. Graduada en Patrimonio Cultural na Universitá degli Studi di Milano e actualmente é alumna do Courtauld Institute of Art (Instituto especializado en Historia del Arte de Londres). Os seus intereses abarcan diversas épocas e correntes artísticas, desde o Surrealismo e o Renacemento Italiano, á escultura gótica. Por este último, acaba de recibir unha beca de investigación da Asociación ARTES e do Centro de Estudios Europa Hispánica (CEEH). A súa relación coa Fundación Eugenio Granell comezou en 2017 cun voluntariado no Arquivo, e continúa hoxe a través de diversas colaboracións.