Home » Actividades » ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Imaxe: Encontros americanos

Conferencia Xénero e inmigración en Galicia
Laura Oso Casas

29 de marzo de 2023, 19.00h

Galicia caracterízase, en comparación co resto do estado, por presentar unha maior feminización das migracións, así como unha sobre-representación da inmigración Latinoamericana. A herdanza do pasado, como país de emigración, é un legado que explica a configuración dos fluxos de inmigración presentes, xunto coas transformacións sociais e económicas nas últimas décadas, que configuraron unha demanda “xenerizada” da man de obra inmigrante.

Laura Oso Casas é Catedrática de Socioloxía na Universidade da Coruña, onde coordina o Equipo de Investigación Sociedades en Movemento (ESOMI). É directora adxunta comisaria do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais). Entre as súas liñas de investigación destaca o estudio das migracións internacionais e, en concreto, da inmigración latinoamericana a España, cun enfoque de xénero.

Os Encontros Americanos na Granell teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América a través dun programa de conferencias mensuais que abordarán temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter divulgativo.

Os Encontros terán lugar na Fundación Eugenio Granell, organizados polo Grupo de Historia de América (HistAmérica) da USC, e cofinanciados pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura a través da súa convocatoria de axudas de dinamización cultural.

Os seus participantes serán especialistas procedentes do ámbito académico americano, español ou europeo, así como profesionais vencellados á realidade da rexión nas súas múltiples facetas.

PROGRAMA