
Impartido por Kari Carbone
- Días: 8 sesións. Xoves 23, 30 marzo. Xoves 13, 20, 27 abril. Xoves 4, 11, 25 maio.
- Horario: 18.00h a 19.00h
- Custo: 25 € sesión
- Idade: a partir de 16 anos
- Inscripción: conservadorjefe@fundacion-granell.org / secretaria@fundacion-granell.org / Tel. 981 57 21 24
O Taller consiste na creación e interpretación de monólogos de humor como ferramenta lúdica, de socialización e expresión artística.
Exploraranse a teoría do chiste e as súas regras básicas; e apoiándose en distintos exercicios prácticos de escritura creativa, buscarase que os participantes poidan escribir, probar e levar o seu propio material cómico, baseado nas súas experiencias persoais e a súa particular visión da realidade.
Traballarase sobre a memoria e a capacidade de expresar as súas ideas con respecto, claridade e economía de palabras; así como tamén a reconciliación a través do humor con aquelas situacións que puideran xerar angustia ou desgusto no día a día.