Home » Actividades » VALLE-INCLÁN EN COMPOSTELA

VALLE-INCLÁN EN COMPOSTELA

Imaxe: Acto Valle Inclán

Acto Valle Inclán na Alameda de Santiago
Martes 7 de Marzo, 11.30h

O Martes 7 de marzo, ás 11.30 horas a Fundación Eugenio Granell organiza o acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María Valle-Inclán na Alameda de Santiago de Compostela.
Este acto, que ven realizando desde o ano 2007, quere establecer unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca na estatua de Valle-Inclán, no paseo de Recoletos, en Madrid, o día do teatro; pero neste caso para conmemorar o regreso real e simbólico de Valle a Compostela e a Galiza, a súa terra de orixe.

A Fundación Eugenio Granell entende que o seu compromiso coa creación non se circunscribe só ás artes plásticas, como tampouco seguen esta máxima o surrealismo, nin o propio Eugenio Granell, así está, dentro dos seus obxectivos, a tarefa de apoio e promoción á literatura.
Para a realización desta iniciativa cívica-cultural sumamos a colaboración do Museo Valle-Inclán, A Pobra do Caramiñal e do Foro Galicia e Valle-Inclán.

A ambas institucións únelles o interese por destacar a importancia da cidade de Compostela como vila valleinclaniana e a relación que se establece entre o surrealismo e o esperpento. Artes xurdidas do empeño por reinterpretar a realidade contemporánea dos nosos artistas.