Home » Actividades » DÍA INTERNACIONAL DO CONSERVADOR RESTAURADOR

DÍA INTERNACIONAL DO CONSERVADOR RESTAURADOR

Acción: Conservación preventiva in situ das exposicións dos fondos da Fundación Eugenio Granell
Venres, 27 de xaneiro
11:00h – 13:00h. Segunda Planta

Co motivo do Día Internacional do Conservador Restaurador realizaranse os labores de preventiva das exposicións da segunda planta do museo en horario de apertura ao público, entre as 11:00h e 13:00h, para xerar unha oportunidade na que o visitante poida observar parte das tarefas que  leva a cabo a área de conservación restauración, e xunto co  persoal técnico do museo presente nas salas, satisfacer curiosidades, dúbidas etc.  sobre o seu traballo  e sobre as obras expostas.
Esta acción busca visibilizar e concienciar sobre a importancia de contar con profesionais da conservación restauración nos distintos procesos e estratexias que conforman a preservación, investigación e difusión do Patrimonio e a Cultura.
Anímate a descubrir esta profesión que é un orgullo!.