Home » Actividades » XVIII Certame de Arte Escolar Eugenio Granell “O teu personaxe favorito”

XVIII Certame de Arte Escolar Eugenio Granell “O teu personaxe favorito”

“O Teu personaxe favorito”

Entrega de premios: Mércores 22, ás 18.00h
Patrocina TÓRCULO

22 Decembro 2022 – 15 Xaneiro 2023

A finalidade deste Certame, que se ven realizando desde o ano 2004, é impulsar a creación plástica entre os escolares, polo que, ademáis dos premios que concede o xurado, a Fundación Eugenio Granell organiza unha exposición coas obras presentadas ao concurso, que este ano tivo lugar entre o 21 de decembro de 2022 ao 15 de xaneiro de 2023.

Este ano contamos coa colaboración de TÓRCULO que patrocinou os premios que foron entregados nun acto que tivo lugar o mércores 21 de decembro ás 18.00h.

Poden participar neste Certame tódolos escolares residentes en Galicia de idades comprendidas entre 3 e 5 anos e, entre 6 e 12 anos. O xurado, outorgará os 7 seguintes premios por especialidade.

. Debuxo . Pintura . Colaxe . Escultura (construción) . Fotografía . Un único premio especial para os nenos entre 3 e 5 anos . Premio do público.

Este XVIII Certame de Arte Escolar Eugenio Granell, tivo como tema o “O teu personaxe favorito” tendo como eixe principal a exposición: “Granell e os seus personaxes preferidos” que se puido visitar nas salas 2 e 3 da segunda planta do Museo.