Home » Actividades » CURSO: DOCE MESTRES SEN DISCÍPULO. (Ecos actuais do pensamento filosófico e literario)

CURSO: DOCE MESTRES SEN DISCÍPULO. (Ecos actuais do pensamento filosófico e literario)

Cartel Curso Ignacio

Impartido por Ignacio Castro

  • Duración do curso: 19 outubro 2022 a 8 febreiro 2023 (mércores)
  • Horario: 18.30h a 20.00h
  • Importe: 160 € (12 sesións) / 15 € (cada sesión)
  • Inscripción : limo_producciones@hotmail.com

A idea deste curso é estudar doce figuras do pensamento que seguen sendo moi actuais. Case todas elas están relacionadas coas vangardas do pasado século e coas urxencias éticas do actual. Non obstante, estudaremos estas figuras ao marxe das respectivas “escolas” que crearon. Os discípulos son unha consecuencia inevitable do impacto dun pensamento vigoroso, mais á vez unha fonte que converte nun outro canon máis o que naceu de modo orixinal, dunha vida que pensou de novo a inmediatez común. Cambiando a imaxe que tiñamos do presente, os clásicos o son polo que fixeron, non só polo que dixeron. Como falamos de pensamento, no só de “Filosofía”, podemos incluír a figuras como Freud, Lacan, Clarice Lispector e outros “intrusos” que son pensadores cardinais do Occidente contemporáneo.

As sesións serían moi interactivas, cunha duración de hora e media. O taller incluirá un texto previo cunha proposta de lectura, unhas preguntas iniciais para os inscritos e cuestións destacadas, máis un listado de obras principais e material audiovisual ilustrativo. Cada sesión comezará cunha presentación breve, sinxela e provocadora de 45 minutos, seguida da discusión máis aberta posible. O coordinador do taller comprométese a corrixir e devolver os comentarios escritos que os matriculados queiran facer sobre os autores que sexan. Co fondo de Nietzsche, Heidegger e outros clásicos do pensamento, a lista de nomes e a seguinte:

1) Sigmund Freud: 19 de outubro.
2) Ludwig Wittgenstein: 26 de outubro.
3) Simone Weil: 2 de novembro.
4) Walter Benjamin: 10 de novembro.
5) Hannah Arendt: 16 de novembro.
6) María Zambrano: 23 de novembro.
7) Jacques Lacan: 30 de novembro.
8) Michel Foucault: 11 de xaneiro.
9) Gilles Deleuze: 18 de xaneiro.
10) Alain Badiou: 25 de xaneiro.
11) Giorgio Agamben: 1 de febreiro.
12) Clarice Lispector: 8 de febreiro.

Ignacio Castro Rey é filósofo, crítico de cine, de arte e da cultura. Ademáis de múltiples artigos e conferencias, de ser profesor invitado en distintas universidades españolas e extranxeiras, Castro Rey publicou diversos libros. O derradeiro deles chámase Sexo y silencio (Pre-Textos), precedido de En espera (Sobre a hipótese dunha violencia perfecta), Lluvia Oblicua (Pre-Textos), Roxe de sebes (Mil días en la montaña) e Ética del desorden (Pre-Textos). Anteriormente publicou tamén, entre outros, Sociedad y barbarie, Votos de riqueza, La depresión informativa del sujeto e Crítica de la razón sexual. Desde a sua tarefa como xestor cultural editou os volumes colectivos: Neste silencio (arredor de U. Novoneyra), Junto a Jünger, Informe sobre el estado del lugar e, en colaboración coa U. Complutense, Otro marco para la creación. A súa obra breve adoita a reunir en www.ignaciocastrorey.com.

PROGRAMA CURSO