Home » Exposicións » PÁNICO NO MUSEO. MARÍA MEIJIDE.

PÁNICO NO MUSEO. MARÍA MEIJIDE.

EXPOSICIÓN: Pánico no museo. María Meijide
26 outubro, 2022 – 29 xaneiro, 2023
Salas 4 y 5. Primeira planta

Pánico no museo é unha mostra de pintura de base no diario.
Unha narrativa persoal e autobiográfica da vida que acontece agora.
Así, aparecen os espazos que habito, os meus amigos, a miña familia, e outras personaxes do día a día.
No medio deste percorrido vital xorden tamén os espazos do museo e o retrato dalgúns dos seus traballadores.
Pinturas en grande e pequeno formato salferidas de apuntes de caderno feitos ao vivo durante un ano de residencia na Fundación Granell.
Pánico no museo é un título reclamo, case surrealista, e tamén un gancho.
Un slogan que pregunta: que sucede?
A exposición responde en forma de diario gráfico expandido.
Pintura furiosa e alegre que nos convida ao presente.

María Meijide, outubro 2022

FOLLETO