Home » Exposicións » GRANELL E OS SEUS PERSONAXES PREFERIDOS.

GRANELL E OS SEUS PERSONAXES PREFERIDOS.

Cartel Personaxes Granell

Fundación Eugenio Granell

EXPOSICIÓN: Granell y o seus personaxes
6 outubro, 2022 – 2023.
Salas 2 y 3. Segunda planta

Mañá xoves, 6 de outubro, na Fundación Eugenio Granell, abrimos ao público a nova exposición de obras de Granell: Granell e os seus personaxes preferidos, creada por min e en recoñecemento e homenaxe ao inmenso coñecemento que o meu pai tiña da historia, a literatura, a mitoloxía. A exposición igualmente inclúe libros e documentación do Arquivo e Biblioteca Eugenio Granell.

Na sala 2 poderán ver obras relacionadas coa mitoloxía, e tamén é importante destacar, polo feito de que Granell era galego, as obras dedicadas a temas galegos.

Sala 3 inclúe obras que fan referencia á literatura, á arte, á mitoloxía, á historia. Todo vai acompañado de libros da Biblioteca Granell así como de folletos explicativos dos personaxes que alí encontrarán e verán interpretados por Granell.

Agradezo ao equipo de traballo que montou a exposición así como a María Pita, a bibliotecaria, que buscou os libros da Biblioteca de Granell que apoian a exposición. Hai libros vellos e novos dos que creo que gozarán simplemente con velos ou lendo as páxinas abertas que lles ofrecemos.

Gracias por visitarnos, Natalia Fernández, Directora

FOLLETO