Home » Actividades » TALLER DE EXPRESIÓN CREATIVA: “FACER UN CADRO QUE ME REPRESENTE”

TALLER DE EXPRESIÓN CREATIVA: “FACER UN CADRO QUE ME REPRESENTE”

Impartido por Reina D’Hoore

  • Días: 29, 30 setembro. 4, 5, e 7 outubro
  • Horario: 16.30h a 19.30h
  • Prezo por alumno: 150 € materiais incluidos
  • Idade: maiores de 15 años
  • Número participantes: 15 máximo

A actividade consiste en facer un cadro que nos represente e nos fale, tomar consciencia do proceso creativo a través da exploración das cores, as sensacións, os pensamentos e as emocións que suscitan facer algo único, noso. Tamén descubrir e ampliar o potencial creativo, conectar coa nosa esencia e imaxinación sen necesidade de saber debuxar ou pintar. Aprenderemos a achar os nosos límites no proceso creativo e recoñecelos para logo expandirnos. Con ese fin, construiremos un ambiente de confianza e tranquilidade onde poidamos desfrutar.

Reina D’ Hoore Sánchez, representante en Europa da Rotation Artistique (creada por Tiga en Haití), será a encargada do taller. Artista multidisciplinar, formada en pintura, teatro e danza contemporánea; expuxo en Bruselas, Haití, A Coruña, Burgos, Madrid, Santiago de Compostela e Vigo. Conta con experiencia no traballo individual e de grupo. Despois de moitos anos aprendendo e experimentando co movemento do potencial humano, o seu traballo procede dunha ampla gama de fontes (xestión de recursos humanos, arte, coaching, PNL, Hipnosis Ericksoniana, terapia Gestalt, entre outras) combinando a autoexploración ca arte, a expresión emocional e a meditación.

Os destinatarios do proxecto son xóvenes a partires de 15 anos e adultos. Preténdese potenciar a creatividade que todos posuímos, coñecer o pensamento diverxente, aprender un método sinxelo de pintar sentindo a emoción e o esforzo que supón facer algo novo, coñecer as etapas do proceso creativo e relacionalas coa nosa cotidianeidade, espertar o noso xuíz interior aprendendo a criticar constructivamente, recoñecer e superar os nosos límites e aquietar a mente.

Trátase dun taller práctico e vivencial no que empleamos a pintura a modo de proxección. Empregaranse para facilitar o proceso, ou se fose necesario, ferramentas de coaching e programación neuro-lingüística como visualizacións, entre outras.

Reserva de plaza: secretaria@fundacion-granell.org
Teléfono 981 572 124