Home » Actividades » OBRADOIRO: PINTANDO DENDE OS MEUS 3 CENTROS

OBRADOIRO: PINTANDO DENDE OS MEUS 3 CENTROS

Fotografía: Taller: Pintando dende os meus 3 centros

Impartido por Reina D’Hoore

  • Día: Xoves 21 Xullo
  • Horario: 16.30h a 19.30h
  • Prezo por alumno: 30 €
  • Idade: maiores de 16 anos
  • Número participantes: 20 máximo
  • Aconséllase vir con roupa cómoda

A intención desta actividade é voltar a conectarse co instinto natural do xogo, inventarse e escoitarse, así como potenciar o desenvolvemento da intuición. Comezar dende a nada e comezar cun mesmo.
O elemento máis importante no que se centrará esta actividade será o proceso de creación da obra de arte poñendo especial atención nos aspectos cognitivo, corporal e emocional, utilizando exercicios de expresión corporal e de atención plena. A pintura será o medio para plasmar o resultado deste acto creativo.

Reserva de praza: secretaria@fundacion-granell.org
Teléfono 981 572 124