Saltar ao contido
Home » Actividades » CONCERTO DE GUITARRA EDUARD V.AGULLÓ

CONCERTO DE GUITARRA EDUARD V.AGULLÓ

    Fotografía: Concerto de guitarra

    Xoves 14 de Xullo
    19.00h
    Entrada gratuita ata completar aforo

    EDUARD V. AGULLÓ Naceu en Elche. Realizou nos conservatorios de Elche e Alicante o seus estudios musicais, estudiando cinco años co gran guitarrista José Tomás (discípulo directo de Andrés Segovia e o seu sucesor nos Cursos Internacionais de Santiago de Compostela). Obtén o título de Profesor Superior de Guitarra en 1988. Recibiu clases e consellos de personalidades como Leo Brouwer ou Raphaella Smits.

    Colaborou con compositores de Europa, Asia, África e América, revisando e executando a dixitación de obras novas para a súa publicación; estreou no noso país unhas cantas destas obras. Recentemente fixo os estreos absolutos da Sonata dedicada a el polo compositor Tomislav Uhlik, as Tres Piezas de Tilo Medek, El tríptico de la luna de Jan Freidlin e Helike dedicada a el por Alla Penkina.

    Actualmente traballa nun proxecto de grande envergadura: revisando, dixitando e montando 72 Preludios, dedicados a Eduard polo compositor japonés Kazue Isida.

    Tamén asistiu a cursos de guitarra barroca e laúde con Rolf Lislevand e Philippe Malfeyt. Investigou e recuperou repertorio para guitarra e laúde de varias bibliotecas de Europa e Norteamérica. Realizou o baixo continuo segundo tratados dos séculos XVII e XVIII, acompañando co continuo a cantantes, oboístas, violinistas, cellistas e frautistas.

    Recibiu o Premio Frutos del tiempo ao mellor intérprete con repertorio inhabitual.

    Recentemente realizou unha minixira de concertos en Corea do Sur. Tamén foi invitado a tocar en Irlanda.

    Ademáis, as súas gravacións foron escoitadas polo público de Portugal, España, Italia, Francia, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Reino Unido, Suiza, Alemania, Noruega, Finlandia, Rusia, Polonia, Austria, Hungría, Serbia, Rumanía, Bulgaria, Israel, Arabia Saudí, Corea do Sur, Xapón, Australia, Nova Zelanda, Canadá, Estados Unidos, México, Perú, Brasil e Arxentina.

    Interpretará obras de: Daniel Léo Simpson, Jean Rivier, Alla Penkina, Georges Migot, Shuwen Zhang.