
O vindeiro 18 de maio a Fundación Eugenio Granell celebra o Día Internacional dos Museos cunha serie de actividades dirixidas a tódolos públicos.
O poder dos Museos e o lema co que este ano celebramos unha data na que agardamos as vosas visitas e a participación nas nosas actividades.
Do mércores 18 ao sábado 21
Xornada de Portas abertas:
Con motivo do Día Internacional dos Museos a Fundación organiza unha xornada de portas abertas dende o mércores 18 ata o sábado 21. Poderase visitar o museo gratuitamente no horario habitual.
Venres 20
11h00 Visita conservada. Otura forma de ver.
Para todos os públicos. Venres 20 de 11.00-12:00 h Prazas limitadas -8 persoas- entrada gratuíta.
Un ano máis, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos expomos un percorrido guiado a través dos ollos dun conservador-restaurador. Dentro dun ambiente de debate visitaremos os espazos do museo públicos, privados e o seu diverso Patrimonio. Mostraranse os distintos traballos relacionados coa conservación, restauración, investigación e difusión das coleccións.
Previa inscrición: restauracion@fundacion-granell.org
Xoves 19
Maratón de Lectura: José Rubia Barcia
De 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.00h.
A Fundación Eugenio Granell dedica o Maratón de Lectura a José Rubia Barcia, seguindo así coa traxectoria dos maratóns dedicados a escritores exiliados amigos de Granell que foron moitos, entre outros, Ayala, Serrano Poncela, Castroviejo, etc. O ano pasado homenaxeamos a Francisco García Lorca, irmá de Federico (con quen comezamos os Maratóns de Lectura no ano 1998), e amigo de Granell en EEUU. E contamos coa colaboración da Fundación Federico García Lorca.
Este ano contaremos coa inestimable colaboración da Biblioteca Municipal de Ferrol depositaria dos fondos bibliográficos do Liceo Rubia Barcia. Arredor de 1.500 libros procedentes do legado Rubia Barcia e da propia biblioteca do Liceo.
Rubia Barcia nacido en Ferrol en 1914, obtivo a licenciatura en Letras na Universidade de Granada e trala Guerra Civil española e, despois de pasar por un campo de concentración en Francia, logrou chegar a Cuba onde permaneceu ata 1943, ano que marcha para Estados Unidos para ensinar na Universidade de Princenton (na que tamén foron profesores outros exiliados españois), pasando despois a Nueva York. Rubia Barcia e Eugenio Granell compartiron unha amizade que durou toda a vida e que se deixa ver nas cartas entre ambos recollidas no volume “Correspondencia con Rubia Barcia. Almas gemelas (1940-1993)”, editado pola Fundación Eugenio Granell no 2011.
O libro de lectura deste maratón será Umbral de sueños, no que, os textos de Rubia Barcia están ilustrados cos debuxos de Eugenio Granell aos que Luis Buñuel calificou de “excelentes”.