Home » Actividades » MARATÓN DE LECTURA “UMBRAL DE SUEÑOS” DE JOSÉ RUBIA BARCIA

MARATÓN DE LECTURA “UMBRAL DE SUEÑOS” DE JOSÉ RUBIA BARCIA

Fotrografia:Maratón de Lectura

Xoves 19 de Maio
11.00 a 14.00h y de 17.00 a 20.00h

Continuando co seu obxectivo de promoción e apoio á literatura, un ano máis, a Fundación Eugenio Granell organiza o Maratón de lectura, que terá lugar o xoves 19 de maio.

Nesta ocasión a Fundación Eugenio Granell dedica o Maratón de Lectura a  José Rubia Barcia, seguindo así coa traxectoria dos maratóns dedicados a escritores exiliados amigos de Granell que foron moitos, entre outros, Ayala, Serrano Poncela, Castroviejo, etc. O ano pasado homenaxeamos a Francisco García Lorca, irmá de Federico (con quen comezamos os Maratóns de Lectura no ano 1998), e amigo de Granell en EEUU. E contamos coa colaboración da Fundación Federico García Lorca.

Rubia Barcia nacido en Ferrol en 1914, obtivo a licenciatura en Letras na Universidade de Granada e trala Guerra Civil española e, despois de pasar por un campo de concentración en Francia, logrou chegar a Cuba onde permaneceu ata 1943, ano que marcha para Estados Unidos para ensinar na Universidade de Princenton (na que tamén foron profesores outros exiliados españois), pasando despois a Nueva York. Rubia Barcia e Eugenio Granell compartiron unha amizade que durou toda a vida e que se deixa ver nas cartas entre ambos recollidas no volume “Correspondencia con Rubia Barcia. Almas gemelas (1940-1993)”, editado pola Fundación Eugenio Granell no 2011.

O libro de lectura deste maratón será “Umbral de sueños”, no que, os textos de Rubia Barcia están ilustrados cos debuxos de Eugenio Granell aos que Luis Buñuel calificou de “excelentes”.
Este ano contaremos coa inestimable colaboración da Biblioteca Municipal de Ferrol depositaria dos fondos bibliográficos do Liceo Rubia Barcia. Arredor de 1.500 libros procedentes do legado Rubia Barcia e da propia biblioteca do Liceo.
Como todos os anos poderedes achegarvos ao Museo de 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.00h, a escoitar ou a participar lendo algún fragmento da obra do escritor seleccionado.
Para facer máis doada a organización da actividade, todos aqueles que desexen participar poden chamar aos teléfonos 981 572124 ou 981 576394 ou escribir ao correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org indicando a hora á que lles gustaría intervir.

Queremos aproveitar esta ocasión para agradecer a participación daqueles que, ano tras ano, nos veñen acompañando no desenvolvemento desta actividade e animar a todas/os a unirse á celebración deste ano.