Saltar ao contido
Home » Actividades » PROXECCIÓN E PRESENTACIÓN DA PELÍCULA “NÉCTAR Y CENIZAS” DE YOLANDA TABANERA

PROXECCIÓN E PRESENTACIÓN DA PELÍCULA “NÉCTAR Y CENIZAS” DE YOLANDA TABANERA

    Fotografía: Nectar y Cenizas

    Xoves 21 abril, 19.00h
    Sala 2. Segunda planta

    Néctar y Cenizas é a primeira obra audiovisual da escultora Yolanda Tabanera, (Madrid, 1965). Yolanda Tabanera estivo presente na Fundación Eugenio Granell coa exposición “Náufragos, peregrinos e outros humildes arquitectos”, que tivo lugar do 15 de marzo ao 27 de maio de 2022.
    A película Néctar y Cenizas de 24 minutos, narra por medio dunha linguaxe simbólica un proceso de transmutación da memoria histórica arredor das tapias do cemiterio da Almudena en Madrid onde se executaron un gran número de fusilamentos nos anos posteriores á guerra civil española. A lembranza destes tráxicos feitos transmitiuse á autora por medio do relato oral da súa nai e a súa bisavoa, que vivían nas inmediacións.
    A obra desenvólvese en forma de poema visual e sonoro xunto ao muro do cemiterio da Almudena e no estudio da artista nun proceso de curación simbólica realizado pola súa irmá, a bailarina e actriz Laura Tabanera, mediante un ritual que a converte de Dolorosa en Chamana.
    Na presentación de Néctar y Cenizas e conversación entre Ignacio Castro Rey, filósofo e crítico cultural (Santiago de Compostela, 1952) e Yolanda Tabanera exploraranse diferentes temas como a vinculación entre artista e chamán, axentes sociais transformadores e ritualizadores do caos e o achegamento ao primitivo, ao popular e ao máxico mediante dunha reactualización conceptual, que sitúa tradicións milenarias nun contexto contemporáneo.
    A proxección da película terá lugar na Sala 2 da segunda planta do museo, unha das salas onde se mostra a exposición de Eugenio Granell: “Granell: 46 anos de exilio, as súas causas e a importancia da Amizade (1936-1985)”.
    A actividade realízase coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.