Home » Actividades » O ENIGMA DE SANTIAGO APÓSTOL E A SÚA CORTE CARIBEÑA

O ENIGMA DE SANTIAGO APÓSTOL E A SÚA CORTE CARIBEÑA

Fotografía: O enigma de Santiago Apóstol e a súa corte caribeña

Charla impartida por LOWELL FIET (Catedrático da Universidade de Porto Rico)
Xoves 3 marzo, 19.00h
Sala 1. Segunda planta

A FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL presenta o vindeiro xoves 3 de marzo, ás 19.00h, na Sala 1 da Segunda Planta, a charla O enigma de Santiago Apóstol e a súa corte caribeña impartida por Lowell Fiet.

Lowell Fiet obtivo o seu doutorado na Universidade de Wisconsin en 1973. Desde 1978 foi profesor na Universidade de Porto Rico. Creou a revista Sargasso, puxo en marcha o proxecto “Caribbean 2000”, apoiado pola Fundación Rockefeller.

Deseñou, coordinou e dirixiu durante algúns anos o programa da Universidade de Porto Rico que estuda a literatura e a lingüística caribeña. Ten diversas publicacións, entre outras : “El teatro puertorriqueño reimaginado”, “Caballeros, vejigantes, locas y viejos: Santiago Apóstol y los performeros puertorriqueños”, “An Archipelago of Caribbean Masks”. Na actualidade está a estudar as máscaras de Portugal e España, así como as máscaras contemporáneas de Porto Rico.

Na mesma sala 1, poderase ver unha pequena exposición de máscaras pertencentes á Colección étnica da Fundación Eugenio Granell. Mostraranse as máscaras de Loíza-Aldea, e as figuras “vejigantes” doadas por Carmina Sánchez, filla da artista Frances del Valle, quen foi estudiante de Eugenio Granell na Universidade de Porto Rico e participou con el na exposición Surrealism Beyond Borders que se puido ver o pasado ano no Museo Metropolitan de Nova York e, este ano, na Tate Gallery de Londres.

Esta actividade completarase coa mostra das películasFiesta de Santiago Apóstol en el poblado de Loíza Aldea, Puerto Rico“, 1949 e “Fiestas tradicionales 2019 Loíza Aldea“, 2019, filmadas por Ricardo E. Alegría, arqueólogo portorriqueño que estudiou arqueoloxía co profesor galego Sebastián González cando este foi profesor na Universidade de Porto Rico durante o seu exilio español.

A charla será retransmitida por streaming por cortesía da Directora da Fundación Eugenio Granell, Natalia Fernández Segarra quen empregará este medio para facer a presentación.

A actividade realízase coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

ENTRADA GRATUÍTA ata completar aforo.