Como vén sendo habitual dende o 2001, ano do falecemento de Eugenio Granell, a Fundación Eugenio Granell celebra a data do seu natalicio (28 de novembro), ao que engade, a partir deste ano, a celebración tamén do natalicio de Amparo (9 de decembro).
Do 29 de novembro ao 9 de decembro levaremos a cabo as Xornadas de Portas Abertas coa visita gratuita as exposicións que, nese momento, móstranse no Museo:
Segunda planta:
Granell: 46 años de exilio, as súas causas e a importancia da Amizade, (1939 – 1985)
- 15 jxullo, 2021 – 2022
- Salas 2,3. Segunda planta
Amparo en boa compañia
- 15 xullo, 2021 – 2022
- Sala Amparo. Segunda planta
Países vividos e visitados por Amparo e Eugenio. Fondos da Fundación Eugenio Granell
- 16 setembro, 2021 – 2022
- Sala 1. Segunda planta
Primeira planta:
O ESTUDIO
- Permanente
- Primeira planta
Philip West, o Amor e a muller
- 8 abril, 2021 – 2022
- Sala Philip West. Primeira planta
O MEDIO AMBIENTE E SANTIAGO DE COMPOSTELA. Jo Redpath “De Isolina e outras cousas”. Reina D’Hoore “Matria”
- 5 outubro, 2021 – febreiro, 2022
- Salas 4 e 5. Primeira planta
Ademáis levaranse a cabo as seguintes ACTIVIDADES:
Maratón de lectura. Francisco García Lorca
Este ano contaremos coa inestimable colaboración da Fundación Federico García Lorca.
Como todos os anos poderedes achegarvos ao Museo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, a escoitar ou a participar lendo algún fragmento da obra do escritor seleccionado.
Para facer máis doada a organización do acto, todos aqueles que desexen participar poden chamar aos teléfonos 981 572124 ou 981 576394 ou escribir ao correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org indicando a hora á que lles gustaría intervir.
VISITAS GUIADAS REALIZADAS POLAS PROPIAS ARTISTAS AS SÚAS EXPOSICIÓNS:
- Jo Redpath “De Isolina e outras cousas”
- Reina D’Hoore “Matria”
Para concertar día e hora chamar aos teléfonos 981 572124 ou 981 576394 ou enviar E-mail: secretaria@fundacion-granell.org