Home » Actividades » MARATÓN DE LECTURA FRANCISCO GARCÍA LORCA

MARATÓN DE LECTURA FRANCISCO GARCÍA LORCA

Fotografía: Maratón de lectura Federico García Lorca

Colaboración Fundación Federico García Lorca
Mércores 1 decembro
11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00h

Continuando co seu obxectivo de promoción e apoio á literatura, un ano máis, a Fundación Eugenio Granell organiza o Maratón de lectura, que terá lugar o mércores 1 de decembro, coincidindo coa semana de celebración dos aniversarios de Eugenio Granell e Amparo Segarra.
Nesta ocasión a Fundación Eugenio Granell dedica o Maratón de Lectura a Francisco García Lorca, irmá menor de Federico e, como el, integrante da Xeración do 27.
Eugenio Granell mantivo una grande amizade con Francisco ao que coñeceu en Nova York cando Granell e a súa familia trasladáronse a vivir a EEUU, nos anos 60. Formaron parte do grupo de exiliados españoles e compartíron amigos comúns. Ambos coincidiron na Escola de Linguas de Middlebury, no Estado de Vermont, unha famosa universidade de verán pola que pasaron todos os hispanistas significativos de Estados Unidos.
O arquivo de Eugenio Granell garda mostra desta amizade coa correspondencia entre ambos.
Este ano contaremos coa inestimable colaboración da Fundación Federico García Lorca.
Como todos os anos poderedes achegarvos ao Museo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, a escoitar ou a participar lendo algún fragmento da obra do escritor seleccionado.
Para facer máis doada a organización do acto, todos aqueles que desexen participar poden chamar aos teléfonos 981 572124 ou 981 576394 ou escribir ao correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org indicando a hora á que lles gustaría intervir.
Queremos aproveitar esta ocasión para agradecer a participación daqueles que, ano tras ano, nos veñen acompañando no desenvolvemento desta actividade e animar a todas/os a unirse á celebración deste ano.