Home » Destacados » CICLO CONFERENCIAS “EUGENIO GRANELL. O EXILIO e o seu CONTINUO compromiso político”

CICLO CONFERENCIAS “EUGENIO GRANELL. O EXILIO e o seu CONTINUO compromiso político”

Fotografía: Eugenio Granell

Mércores 3, 10, 17 e 24 de novembro, ás 19.00h
Entrada libre ata cubrir aforo.
Tamén se retransmitirán por streaming

A Fundación Eugenio Granell presenta no vindeiro mes de novembro o ciclo de conferencias “EUGENIO GRANELL. O EXILIO e o seu CONTINUO compromiso político”. Un ciclo de conferencias co que pretendemos difundir e dar visibilidade ao compromiso político de Eugenio Granell co partido no que militou ao longo de toda a súa vida, o POUM, e incidir na memoria histórica de artistas e intelectuais republicanos exiliados a causa da Guerra Civil.

Un proxecto subvencionado polo Ministerio de Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática dentro das actividades relacionadas coa recuperación da Memoria Democrática e as vítimas da Guerra Civil e da Dictadura.

As conferencias celebraranse os mércores 3, 10, 17 e 24 de novembro, ás 19.00 h na Sala 2 da segunda planta do Museo. Unha das salas onde se pode contemplar a mostra Granell: 46 Anos de exilio, as súas causas e a importancia da Amizade, (1939 – 1985). Tamén serán retransmitidas por streaming e a presentación será realizada pola directora da Fundación, Natalia Fernández Segarra.

Mércores 3 novembro, 19.00h

El exilio gallego en América

Pilar Cagiao Vila

Profesora titular de Historia de América da Universidade de Santiago de Compostela. Entre as liñas de investigación que desenvolveu ao longo da súa traxectoria académica destacan as relativas aos movementos migratorios e as relacións entre España e América sobre as que foi investigadora principal en diversos proxectos de investigación en convocatorias nacionais e autonómicas competitivas.
As súas numerosas publicacións nesta temática seguen sendo referencia citada ata agora. No que concirne ao exilio, foi coordinadora do “Repertorio Bio-bibliográfico do Exilio Galego: primeira achega” (2001); co-editora de “O Exilio Galego de 1936: Política, Sociedade, Itinerarios” (2006) e autora de capítulos de libro e artigos como “Outra vez América, terra de acollida” (2006) e “Itinerarios cubanos del exilio gallego” (2009).

Mércores 10 novembro, 19.00h

Joaquín Maurín, de Bonansa a Nueva York, de la revolución al desencanto

Pelai Pagès i Blanch

Doutor en historia e profesor de historia contemporánea da Universidade de Barcelona desde Presidente da Fundación Andreu Nin en Catalunya.

Autor de numerosos estudios sobre a Segunda República, a guerra civil, o franquismo e a transición democrática, especializouse tamén na analise do movimento obreiro español e os nacionalismos na historia contemporánea de Europa.
Publicou máis de douscentos artigos en revistas especializadas e de divulgación e participou en congresos, seminarios e coloquios en Bruselas, Moscú, Turín, ciudad de México, Marsella, Lyon, Lausana, Belgrado, etc.
Entre os últimos libros que publicou destacan “Les lleis de la repressió franquista” (2009), “Andreu Nin, una vida al servicio de la clase obrera” (2011), “El sueño igualitario entre los campesinos de Huesca. Colectivizaciones agrarias durante la guerra civil (1936-1938)” (2013), “War and revolution in Catalonia” (2013), “El POUM i el caso Nin” (2014),
“Victor Serge. La consciencia de la revolución” (2017).

Mércores 17 novembro, 19.00h

De la retirada a la resistencia, la continuidad de la lucha del POUM

Enrique del Olmo

residente da Fundación Andreu Nin, sociólogo con estudios de economía con orientación aos diversos aspectos do desenvolvemento tanto na súa visión local como internacional, así realizou traballos nos máis diversos ámbitos como: Programas de Desenvolvemento e Cooperación Internacional. Procesos de descentralización institucional e organización de servicios da administración local. Planes e programas de desenvolvemento local e territorial. Formulación, xestión e evaluación de programas de desenvolvemento social. Planificación e Xestión de programas de formación profesional e recursos humanos.
É autor de diversas publicacións e libros, os máis recentes relacionados coa cooperación: “El Programa Municipia: una nueva forma de hacer cooperación municipal”. “El futuro del sistema institucional de la cooperación española” en “Afers Internacionals-CIDOB”.
Como Presidente da Fundación Andreu Nin impartiu múltiples conferencias e escribiu diversos artigos sobre a historia do movimento obreiro e sobre o papel de moitos dos seus dirixentes: Andreu Nin, Salvador Seguí, “el noi de sucre”, Rosa Luxemburgo, Loredo Aparicio, Antón Saavedra, Francesc de Cabo, e tamén, sobre a historia máis recente dos movementos sociais.

Mércores 24 novembro, 19.00h

Apuntes de una heterodoxia; el POUM

Miquel Coll

Militante en diferentes organizacións de esquerda (militante do POUM na transición). Reponsable do sindicato STEPV na Universidade de Valencia do que foi membro do Consello de Goberno durante máis de 15 anos.