Home » Sin categorizar » Homenaxe a Paco Pestana

Homenaxe a Paco Pestana

Fotografía: Homenaje a Paco Pestana

Paco Pestana un bo amigo da Fundación Eugenio Granell, estivo presente desde os inicios da Fundación. En moitas ocasiones participou nas nosas actividadesNo ano 1998 colaborou na actividade A Miña Peza Favorita coa súa aportación persoal sobre a obra de Eugenio Granell “Don Ramón María del Valle-Inclán”, obxecto encontrado de 1975. (Granell encontrou a fibela nunha beirarrúa de Nova York).
Do 12 de xaneiro ao 27 de marzo do 2000 mostramos nas salas do Museo a súa exposición: Paco Pestana. A estela do deliro. Unha das obras presentes nesta mostra titulada “Bodegón para cursis con cataratas” forma agora parte da nosa Colección Surrealista.

“Un home cun gran sentido do humor que mostra a través das súas obras e os seus títulos. Gran conversador con observacións precisas e sempre cun chiscar o ollo no que dicía.
Botaremos en falta a súa presencia física, imposible de ignorar. Un sorriso na boca, case sempre. Impoñían a súa calvicie, así como os seus ollos e o bigote e a barba. A súa maneira tan especial e única de vestir. A miúdo un abrigo largo.
Con el coñecín a impresionante muralla de Lugo, así como o seu estudio, grande e cheo de obxectos, botes de pintura, principalmente cores primarias”.

Natalia Fernández Segarra
Directora Fundación Eugenio Granell