Home » Exposicións » SURREALISM BEYOND BORDERS

SURREALISM BEYOND BORDERS

Fotografía: Surrealism Beyond Bordes

Metropolitan Museum of Art (New York)
4 Outubro 2021 – 30 Xaneiro 2022

Tate Modern, Londres,
25 Febreiro – 29 Agosto, 2022

A exposición inaugurouse no Museo Metropolitano de New York o 11 de outubro de 2021 onde se poido visitar ata o 30 de xaneiro do 2022. Este ano poderase visitar na Tate Modern, Londres do 25 de febreiro ao 29 de agosto.

Esta gran exposición Surrealism Beyond Borders ten entre os seus obxectivos principais reformular a comprensión tradicional do movemento surrealista internacional do século XX, como un movemento dinámico e orgánico que ofreceu aos artistas un medio para imaxinar unha posición máis alá da súa actual situación artística, social ou política. Esas preocupacións compartidas e intercambios, ofrecen novas perspectivas sobre como unha idea específica, formada nun lugar e tempo, resulta útil para una ampla variedade de artistas nunha multitude de lugares, durante moitas décadas.
Eugenio Granell está presente como un dos exemplos de conexión deses puntos de encontro e axentes que dan forma á actividade surrealista dende a década de 1920 ata a Segunda Guerra Mundial e ata o período radical de posguerra.

A Fundación Granell participa con tres obras dos seus fondos artísticos: Eugenio Granell, El vuelo nocturno del Pájaro Pí, 1952.Témpera /cartón; Eugenio Granell, Los blasones mágicos del vuelo tropical, 1947. Óleo /lenzo; cadáver exquisito de Eugenio Granell, Franklin Rosemont, Jean Jacques Jack Dauben, 1976. Tinta/papel. Este cadáver exquisito realizouse en Chicago na exposición surrealista Marvelous Freedom. Vigilante of Desire de 1976. O catálogo desta exposición presenta na portada un debuxo de Eugenio Granell. (Este catálogo podemos atopalo na Biblioteca Eugenio Granell).
Tamén mostraranse varios documentos orixinais do Arquivo e Biblioteca Eugenio Granell.

A imaxe elexida para a portada do catálogo que se realiza con esta exposición é a obra de Eugenio Granell “El vuelo nocturno del Pájaro Pí”.

A exposición Surrealism Without Borders mostra mais de 150 obras que van desde a pintura e fotografía ata a escultura e o cine, moitas das que xamais se mostraron no Reino Unido. Ademáis das obras de Eugenio Granell poden verse pezas de Dalí, Rene Magritte, Max Ernst, Antonio Berni, Leonora Carrington; Luis Maisonet, Frances del Valle, Cossette Zeno (estos tres artistas de Porto Rico foron estudiantes de Eugenio Granell); ou Toshiko Okanoue.