Home » Exposicións » AMPARO EN BOA COMPAÑÍA

AMPARO EN BOA COMPAÑÍA

Fotografía: Amparo en boa compañia
15 xullo, 2021 – 2022 Sala Amparo. Segunda planta

15 xullo, 2021 – 2022
Sala Amparo. Segunda planta

A Fundación Eugenio Granell abreu ao público o, xoves 15 de xullo, dúas novas exposicións na segunda planta do Museo.

As exposicións, Amparo en boa compañía e Granell: 46 anos de exilio, as súas causas e a importancia da Amizade (1939-1985) comisariadas pola directora da Fundación, Natalia Fernández Segarra, céntranse na vida de Amparo e Granell.

Amparo e Eugenio – Eugenio e Amparo.

Na Sala Amparo pódese visitar a mostra Amparo en boa compañía, exposición na que a artista está acompañada por obras de outras mulleres “facedoras” de colaxes que forman parte dos riquísimos fondos da Fundación Eugenio Granell.

Amparo comeza a recibir a atención que merece como creadora de arte. Non fai moito, nunha exposición no IVAM de Valencia a súa obra estaba representada con varias colaxes, as primeiras que fixo co seu marido e as súas propias. Co tempo, o museo de Valencia, onde Amparo naceu, adquiriu varias das súas colaxes. María Lopo, desde Galicia, escribiu sobre Amparo e chegou a conversar con ela. Agora estou lendo o estudio dunha moza da Universidade Miguel Hernández de Elche, Valencia, sobre a obra de Amparo. O estudio titúlase Recortes de una vida. Na exposición poden verse obras de mulleres que Amparo coñeceu, pero tamén de mulleres que non coñeceu. Observarase a forza e o poder destas mulleres. Moitas viviron baixo a sombra dos seus compañeiros, pero aínda así, persistiron no seu desexo de crear establecendo firmemente o seu propio mundo.

Natalia Fernández Segarra
Comisaria da mostra