Home » Exposicións » CRUZEIRO SEIXAS. TUDO O QUE INVENTEI

CRUZEIRO SEIXAS. TUDO O QUE INVENTEI

Fotografía: Cruzeiro Seixas. Tudo o que inventei

3 xuño – 19 setembro
Salas 4 e 5. Primeira planta

A Fundación Eugenio Granell abre, o vindeiro xoves, 3 de xuño, unha nova exposición “Cruzeiro Seixas. Tudo o que inventei”, comisariada por Marlene Oliveira e Perfecto E. Cuadrado, realízase en colaboración coa Fundación Cupertino de Miranda de Vila Nova de Famalicão, Portugal e está patrocinada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. A mostra permanecerá, nas salas 4 e 5 da primeira planta, ata o 19 de setembro.

Desde fai anos a Fundación Eugenio Granell e a Fundación Cupertino de Miranda manteñen unha estreita relación de colaboración froito da amizade de Eugenio Granell e Artur Cruzeiro Seixas. Dita relación materializouse, en diversas ocasións, con exposicións realizadas en ámbalas dúas sedes que contribuíron á difusión da obra dos dous artistas surrealistas.

Nesta ocasión a colaboración entre ambas institucións complétase coa exposición “Philip West. Selva de obxectos fragmentados”, comisariada tamén por Marlene Oliveira e Perfecto E. Cuadrado e formada por unha selección de obra que pertence á Colección Philip West, dos fondos da Fundación Eugenio Granell. Esta mostra poderase visitar do 4 de xuño ao 2 de outubro nas salas da Fundación Cupertino de Miranda de Vila Nova de Famalicão, Portugal.

Debido as medidas sanitarias da COVID 19 non se levará a cabo acto de inauguración e a exposición abrirase ao público ás 11.00h e poderase visitar de maneira gratuíta, ao longo de todo o día, en horario de museo, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00h.