A Fundación Eugenio Granell celebra o Día internacional dos Museos, 18 de maio, con Xornadas de Portas Abertas a semana do 18 ao 23 de maio para visitar as súas exposicións:
Segunda planta
- Homenaxe a Amparo. Retratos de compañeiros no exilio e outros
- Granell e as súas amizades surrealistas
- Carlos Maside [Patrimonio de Galicia]
Primeira planta
- Estudio de Eugenio Granell
- Philip West, o Amor e a Muller
- Xulio Maside. Parellas
E a actividade: Visita “surrealista” ao taller de conservación-restauración do Museo: Co motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, a área de conservación da Fundación Eugenio Granell abre un ano máis as portas dos seus almacéns de arte e do taller de conservación-restauración.
A visita guiada realizada pola conservadora-restauradora do museo. Dentro dun ambiente de debate e xogo móstranse os distintos traballos relacionados coa conservación, a restauración, investigación e difusión das coleccións e das súas exposicións. Sen perder de vista a importancia de defender, protexer e promover a Rede Cultural da cidade, dentro e fóra do museo. Concienciando da necesidade de preservar o Patrimonio Cultural en todas as súas formas, como un ben de todos e para todos.
Xoves 20 ás 18:00h.
Prazas limitadas. Reserva a túa praza no teléfono do Museo 981 572124 ou no correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org
Esperando que as iniciativas sexan do voso agrado recibide saúdos cordiais.