Saltar ao contido
Home » Actividades » Visitas guiadas á biblioteca e á colección Eugenio Granell

Visitas guiadas á biblioteca e á colección Eugenio Granell

    Fotografía: Visitas guiadas biblioteca e coleccions

    O vindeiro venres 7 de maio a Fundación Eugenio Granell da comezo a un ciclo de visitas guiadas coa finalidade de dar a coñecer o rico patrimonio, tanto artístico como documental, que alberga a institución.

    As visitas realizaranse ás bibliotecas, entre elas á Biblioteca Granell, unha colección de máis de 14000 volumes, que foron compilados ao longo da vida do artista e que levou consigo no seu periplo vital; e a Área de Conservación e Restauración onde poderán verse os almacéns coas obras das diversas coleccións legadas a Santiago por Eugenio Granell e a súa esposa Amparo Segarra.

    Estas visitas gratuitas levaranse a cabo o primeiro e terceiro venres de cada mes, ás 12.00h, cunha duración de 1h. 30 min.
    O aforo será limitado seguindo as medidas sanitarias, vixentes no momento, por mor da Covid 19.
    A reserva de prazas pódese facer no teléfono 981 57 21 24 ou no correo electrónico: biblioteca@fundacion-granell.org