Visita guiada baseada no libro de Eugenio Granell “Memorias de Compostela“.
A visita ofrece un percorrido polas rúas de Compostela a través da mirada do libro de Eugenio Granell, Memorias de Compostela, visitando os lugares emblemáticos que formaron parte dos anos de mocidade que o artista vivíu en Compostela.
Impartida por: Cristina Carballedo, guía de turismo de Galicia.
Días: Mércores 19, 26; xoves 20, 27; venres 21, 28; sábado 8, 15, 22, 29. MAIO
(Outras datas: Chamar ou enviar e-mail para concertar visita con dous días de antelación)
Hora: 18.00 horas e sábado ás 12.00h.
Saída: Fundación Eugenio Granell
Percorrido: Orfas, Praza Mazarelos, Caldereiría, Preguntoiro, Praza da Quintana, Rúa Nova, Rúa do Vilar, Alameda.
Duración: 1h,30 min.
Prezo: 10€ (inclúe unha visita ao Museo)
Número asistentes: 8
Reserva:
Teléfono 981572121
e-mail: secretaria@fundacion-granell.org
Medidas COVID:
. Uso de máscara obrigatorio
. Manter distancia de seguridade