Home » Prensa/Noticias » Homenaxe a un faro cultural

Homenaxe a un faro cultural

HOMENAXE A UN FARO CULTURAL
Unión Libre recoñece no seu derradeiro número o apoio á promoción das artes de Xesús Pérez Regueiro desde a Galería Sargadelos de Lugo.
O derradeiro número da revista Unión Libre, Cadernos de vida e culturas realiza unha homenaxe especial ao empresario Xesús Pérez, responsable da Galería Sargadelos de Lugo, pola súa longa trayectoria de apoio á difusión das artes e as letras.
A revista que, este ano cumpre un cuarto de século, coordinada polos escritores Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, recolle unha serie de fotografías de actos e presentacións realizadas en todo este tempo na Galería Sargadelos. (Xoves 22 outubro, 2020. El Progreso).
http://www.unionlibre.org/indices/homenaxe.pdf