
En 1997 Philip West cedeu para o seu depósito na Fundación Granell unha extensa colección da súa obra, e doa a súa biblioteca persoal. 200 obras, principalmente, debuxos, óleos, gravados así como a súa importante biblioteca, con máis de 100 volumes sobre o Surrealismo, compoñen este legado. Artista británico afincado en Zaragoza dende 1983,é considerado pola crítica como un dos máis representativos surrealistas anglohispanos. El mesmo definiu a súa pintura como unha busca poética que comunique a un nivel máis alá da palabra, un nivel máis ben intuitivo que propón o reencontro, o punto de converxencia da vida consciente coa mente subconsciente por medio da analoxía. En la biblioteca de la Fundación pueden contemplar alguna obra de este artista.