Home » Prensa/Noticias » Inauguración da exposición “Corpoética infinita” de Claudio Rodríguez Fer

Inauguración da exposición “Corpoética infinita” de Claudio Rodríguez Fer

Inauguración da exposición “Corpoética infinita” de Claudio Rodríguez Fer (Poeta e Director da Cátedra Valente de Poesía e Estética)
No Centro de Arte Moderno, Madrid.
Xoves 20 de decembro, ás 20.00h

Corpoética infinita é unha mostra de poesía verbal, visual, obxectual, corporal, postal e audiovisual de Claudio Rodríguez Fer, dividida en catro seccións temáticas: UTOPÍAS (visións surrealistas de harmonía cósmica e vital), CORPOEMAS (composicións sobre materia corporal), CINEPOESÍA (ensamblaxes de fotogramas e textos) e HIDROMEMORIA (homenaxe ao pai do poeta e aos represaliados polo fascismo en xeral).
Esta exposición basease na antolóxica Corpoética, exhibida na Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela do 12 de abril ao 10 de xuño deste ano, a quen agradécese a súa colaboración. Nela editouse un catálogo, deseñado por Cristina Fiaño, con escritos de Lily Litvak, Olga Novo, Manuel Fernández e Antonio Gamoneda.
Non obstante, Corpoética infinita introduce, desde o título, cambios importantes, en función do novo espacio, respecto á retrospectiva anterior, sobre todo na instalación acumulativa de cebras que compón o espectacular “Cebrario”, agora exhibido en diferente disposición. Ademáis, Corpoética infinita incorpora significativas novedades da derradeira produción visual do autor, como “Infinito infinita”, “Calidoscopia” e “Abecedaria”.
Máis información www.centrodeartemoderno.net
GALERÍA DE ARTE
LIBRERÍA ESPECIALIZADA
EDITORIAL
C/Galileo, 52, 28015 Madrid. España. Tel914298363