RECORDANDO A URBANO LUGRIS VADILLO
Exposición “Lugris Vadillo. Textura de mar” realizada na primeira planta do noso museo, do 6 de febreiro ao 5 de marzo de 2008.
A mostra enmarcouse no ciclo de exposicións individuais dedicadas a artistas surrealistas a nivel internacional que a Fundación Eugenio Granell ven organizando desde comezos da súa andaina.
Unha exposición de obra recente de Urbano Lugrís que contou cun total de 68 pezas de grande, mediano e pequeno tamaño.
Urbano Lugrís, no que o surrealismo sempre estivo latente, no neno de imaxinación desbordante e lector incansable de literatura fantástica, e no atento espectador das fabulacións do seu pai, descubre no mar, sempre presente na súa vida, no seu corpo líquido, plástico, tanto o escenario, a base das súas composicións, como a textura para a realización dos seus soños fantásticos de infancia: seus soños surrealistas de adulto.