Home » Exposicións » NECESITAMOS OS TEUS SOÑOS

NECESITAMOS OS TEUS SOÑOS

16 xaneiro – 28 Xuño Salas 4 e 5. Primeira planta

1. A Fundación Eugenio Granell convídate a participar coas túas creacións na súa próxima exposición, que terá lugar na súa sede de Santiago de Compostela do 16 de xaneiro ao 30 de abril de 2020. A obra pode ser tanto plástica coma literaria e o tema proposto é “Necesitamos Os Teus Soños”.
2. A temática consiste en que plasmes un soño deixándote inspirar polo universo de Granell. Pretendemos incentivar a participación dos peregrinos e visitantes do museo para configurar un mapa dos soños dos Camiños de Santiago. Eugenio Granell é considerado un dos máximos representantes do movemento surrealista no eido internacional, nacional e galego.
3. Na Sala 5 do primeiro piso, atoparás o material teórico-práctico necesario para realizares a túa obra. Na composición plástica poderás elixir diferentes disciplinas, principalmente debuxo, lapis de cores e material para colaxes. Animámoste a que contextualices a túa obra cun pequeno texto que acompañe a túa peza cando sexa exposta, e para a súa realización contarás cunha ficha. Na composición literaria poñemos á túa disposición o necesario para que poidas realizar a descrición dun soño que lembres.
4. Unha vez que remates a túa obra, debes asinala e cubrir a ficha que atoparás na mesa de traballo.
5. Deposita a túa obra e as fichas, debidamente cubertas, no espazo habilitado para esta. Non esquezas deixar o teu nome e un correo electrónico ou enderezo de contacto. Tamén poderás seguir o proceso da mostra a través do Facebook da Fundación Granell: https://www.facebook. com/fundacion.eugeniogranell
6. As obras plásticas formarán parte da mostra “Necesitamos Os Teus Soños”, que serán expostas á beira das pezas do artista surrealista Eugenio Granell. Para garantir a correcta exhibición das obras, colocarémolas eu e mais o persoal do museo á maior brevidade posible.
7. Os escritos recolleranse ao longo da mostra e formarán parte dun maratón de lectura que terá lugar no museo no mes de abril de 2020 e que estará aberto á participación pública. Como resultado desta exposición, a institución editará un catálogo cunha selección das pezas e dos textos presentados.
8. Para participares nesta proposta, diríxete á sede da Fundación Eugenio Granell, na praza do Toural, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña.
Se queres obter máis información sobre esta proposta e sobre Eugenio Granell, podes consultar a web: www.fundacion-granell.org.
9. Se é necesario, o persoal de recepción poñerate en contacto coa persoa encargada para o caso de que teñas algunha pregunta sobre a túa participación no proxecto. Terás acceso gratuíto ás salas do museo, onde atoparás o material necesario para realizares a túa composición plástica ou literaria. Estas salas serán a Sala 5, onde atoparás o material necesario, a Sala 4 tamén se abrirá de ser necesario e tamén se utilizarán as paredes das escaleiras. Cando falemos, resolveremos calquera dúbida que se che presente.
10. Ten en conta o noso horario: Estará aberto de martes a venres, de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h e o sábado, de 11.00 a 14.00 h. O domingo, luns e festivos, estará pechado.
Grazas por participar.