Home » Actividades » ACTOS VALLE EN COMPOSTELA

ACTOS VALLE EN COMPOSTELA

Xoves 5 de marzo: Roteiro "Santiago de Compostela: Rosa mística de pedra"
Venres 6 de marzo: Acto Bufanda de Valle Inclán na estatua de Valle na Alameda Compostelá
Organizados pola Fundación Eugenio Granell en colaboración co Museo Valle Inclán de A Pobra do Caramiñal

A Fundación Eugenio Granell leva a cabo, un ano máis, o  acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María Valle-Inclán na Alameda de Santiago de Compostela. O acto terá lugar o  venres 6 de marzo, ás 12.00 horas.

Este acto, que ven realizando a Fundación Eugenio Granell desde o ano 2007, quere establecer unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca na estatua de Valle-Inclán, no paseo de Recoletos, en Madrid, o día do teatro; pero neste caso para conmemorar o regreso real e simbólico de Valle a Compostela e a Galiza, a súa terra de orixe.
Para a realización do acto contaremos, como tódolos anos, coa inestimable colaboración do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.
Este ano, o xoves 5, ás 17.30 horas co título "Santiago de Compostela: Rosa mística de pedra", a cidade vella ofrece a alternativa dun roteiro cultural único, co valor engadido de ter servido como escenario literario para as letras de fama e prestixio universal, nos textos de Ramón del Valle-Inclán. A escolma de informacións que publica son da autoría de Antonio González Millán e Xaquín del Valle-Inclán Alsina, habituais divulgadores do ronsel valleinclaniano.