31 outubro, 2019 – 2020 Sala Philip West. Primeira planta
Desde o xoves 31 de outubre na Sala Philip West, na primeira planta da Fundación Eugenio Granell, pódese visitar a exposición A biblioteca de Philip West II, comisariada por María Pita e Eduardo Valiña, bibliotecaria e conservador xefe da Fundación Eugenio Granell, respectivamente. Esta mostra estará ata o vindeiro ano 2020.
A exposición é a segunda entrega dun traballo de investigación sobre a biblioteca de Philip West. Neste caso analízanse as publicacións seriadas como plataforma de difusión do seu traballo e recurso para a creación de novas obras. A través dunha selección de revistas como a inglesa Transformaction, a holandesa Brumes Blondes, edicións de Phases en Portugal, Francia, Holanda, EEUU e Suecia ou El huevo filosófico editada no Canadá no 1980, entre outras, establecese unha relación directa con símbolos que West utiliza regularmente no seu proceso creativo.
Philip West nace na cidade de York, Inglaterra, no ano 1949. Estudia Belas Artes e Historia da Arte no seu país natal, e ao rematar os seus estudos no ano 1970 métese de cheo no movemento surrealista da man do seu amigo e mentor John Lyle, director da revista Transformaction. Durante esta época a súa colaboración con revistas surrealistas faise moito máis recurrente. No 1974 abandona Inglaterra para mudarse a cidade da su muller, Zaragoza, onde entrará en contacto coa obra de Buñuel grazas ao seu biógrafo persoal José Francisco Aranda. No1978 trasladase a Venezuela, país que influirá na súa producción artística e na súa concepción teórica da arte, aparecendo con forza o tema das metamorfosis. O seu regreso definitivo á capital aragonesa producese no 1980, momento no que establece unha férrea amizade con pintor Eugenio Granell, a quen decide donar gran parte da súa obras plástica e a súa extensa biblioteca surrealista. Falece en Zaragoza no ano 1997.