
24 abril, 2018 – 6 outubro, 2019 Sala Amparo. Segunda planta
A simplicidade e o xusto na colaxe de Amparo é unha mostra de colaxes na que se expoñen as obras máis minimalistas de Amparo Segarra onde atopamos unha aparente ausencia de narración que nos reta a interpretar o seu significado.
Ademais, está acompañada por colaxes de Eugenio Granell, Philip West, e un conxunto de artistas de Brasil (Konrad Zeller, Alex Januario), de Chile (Ludwig Zeller e Rodrigo Verdugo) e doutras nacionalidades (Artur Cruzeiro, Alex Weiss, Enrique Carlón, Gregg Simpson, Xesús Carballido, Kenneth Cox, Anne Ethuin e G. Bruno).
Esta exposición está estreitamente relacionada coa mostra de Magdalena Benavente, Venus en el despeñadero (Inspirado no poema “Venus en el pudridero” de Eduardo Anguita) que se mostrou na Sala Philip West da primeira planta da Fundación Eugenio Granell do 12 de abril ao 10 de xuño deste ano.
Ademais, na mesma sala ofréceselles ós visitantes a posibilidade de crear os seus propios colaxes.