Saltar ao contido
Home » Actividades » CONFERENCIA

CONFERENCIA

    "Entre máscaras e caveiras: O mexicano na Colección Étnica da Fundación Eugenio Granell"
    Impartida por Jimena Martín Albo
    Xoves, 14 marzo, ás 19.00h
     

    México, o país "máis surrealista" do mundo en palabras de Breton, ten unha presenza moi especial na Fundación Eugenio Granell, grazas ás pezas de arte popular que Granell coleccionou durante a súa vida.

    Actualmente están expostas algunhas das máis interesantes na mostra COLECCIÓN ÉTNICA. Arte e cultura, manifestacións de toda civilización, destacando as máscaras, o ollo de Deus e as exuberantes árbores da vida. Este relatorio pretende describir os seus antecedentes indíxenas e particularidades mediante personaxes reais e fantásticos como a Malinche, a Catrina, Octavio Paz e, por suposto, Diego e Frida.

    Jimena Martín é licenciada en Deseño Gráfico pola Universidade de Monterrey e obtivo o seu doutoramento en Historia da arte na Universidade de Santiago de Compostela.