
Xoves 7 Marzo
12.00h
Alameda de Santiago de Compostela
A Fundación Eugenio Granell celebra o acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María Valle-Inclán na Alameda de Santiago de Compostela, o vindeiro xoves 7 de marzo, ás 12.00 horas.
Este acto, que ven realizando a Fundación Eugenio Granell desde o ano 2007, quere establecer unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca na estatua de Valle-Inclán, no paseo de Recoletos, en Madrid, o día do teatro; pero neste caso para conmemorar o regreso real e simbólico de Valle a Compostela e a Galiza, a súa terra de orixe.
Para a realización do acto contaremos, como tódolos anos, coa inestimable colaboración do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.