Martes 23 outubro, ás 19.00h
Leonel García Laborde: “La huella de las Artes Escénicas en la escritura de E.F. Granell”
Martes 30 outubro, ás 19.00h
Xaquín Bermello Corominas: “Eugenio Granell: polémica en Guatemala”
Dende o ano 2011 a biblioteca persoal e os arquivos de Eugenio Granell forman parte dos nosos fondos.
Dende entón foron moitos os investigadores que se achegaron a nosa Fundación interesados por este valioso fondo documental. Entusiasmados polo interese que Granell despertaba, nos preguntamos como facer posible que estas investigacións que, moitas veces tardan en chegar a formar parte dun libro ou nunca o fan porque non están enfocadas a este propósito, poderían ser coñecidas e aproveitadas por todos os interesados en Granell.
Aparece así a idea de realizar un ciclo de “Charlas na biblioteca” grazas á valiosa colaboración de moitos destos investigadores que, xenerosamente, comparten o seu traballo conosco.
En este mes de outubro colaborarán en “Charlas na biblioteca” Leonel García Laborde e Xaquín Bermello Corominas.
O martes 23 de outubro, ás 19.00h, Leonel García Laborde, coa charla: "La huela de las Artes Escénicas en la escritura de E. F. Granell" que se centra en todos os recursos e rasgos das Artes Escénicas que están presentes na obra escrita de Granell: tanto en nos textos dramáticos, como nas novelas, contos, relatos, ensaios, artígos, correspondencias, así coma nas súas "Memorias de Compostela".
O martes, 30 de outubro, ás 19.00h, Xaquín Bermello Corominas, coa súa charla: “Eugenio Granell: polémica en Guatemala”, acércanos, a través do estudo da documentación do artista, ós motivos, ó desenvolvemento e ás consecuencias do enfrentamento que acabaría obrigándoo a sair de Guatemala a Porto Rico onde Jaime Benítez, rector da Universidade invitouno coma profesor de arte.