Home » Exposicións » MAGDALENA BENAVENTE. VENUS EN EL DESPEÑADERO

MAGDALENA BENAVENTE. VENUS EN EL DESPEÑADERO

(Inspirado no poema "Venus en el pudridero" de Eduardo Anguita 12 abril – 10 xuño Sala Philip West. Primeira planta

Venus en el  despeñadero (inspirado no poema  Venus en  el pudridero de Eduardo  Anguita). A mostra de Magdalena  Benavente  componse de 18  colaxes realizadas en técnica mixta e unha peza de  videoarte. A artista crea inquietude a través da cor xerando pequenos mundos en cada peza. A colaxe é a técnica máis utilizada pola artista para  autorrepresentarse. A liberdade e soltura do soporte xogan unha sorte de azar que desemboca en obras con formas simbólicas e un forte erotismo. O discurso pasa por unha vinculación co  obxectual como fetiche en relación ao acto sexual, dando lugar a traballos cunha importante carga poética e máxica.

Magdalena  Benavente naceu en Santiago de Chile no ano 1965. Ao longo da súa carreira, interesouse no estudo da filosofía, tarot, e interpretación dos soños, o que lle acerca de forma directa á corrente surrealista. Forma parte da asociación Mujeres en las Artes Visuales e do Grupo Surrealista Derrame da súa cidade natal, que edita a revista do mesmo nome e do que xa se realizou a exposición Derrame Cono Sur o El Viaje de los Argonautas na Fundación ÇEugenio Granell, no ano 2005 -que non só reunía a artistas de Chile, senón tamén invitados de Arxentina e Brasil-. Roberto Matta, gran referente do grupo Derrame, é o artista surrealista máis representativo de Chile, a súa obra forma parte da colección surrealista de Eugenio Granell.
Nos anos 2009 e 2010 participou de forma destacada na Exposición Internacional do Surrealismo El Umbral Secreto, percorrendo diversas cidades do seu país natal. Actualmente vive no balneario de  Algarrobo en Chile, onde está inmersa na escritura dun novo libro de poemas.