Home » Exposicións » CON – SECUENCIAS. Colección DKV

CON – SECUENCIAS. Colección DKV

6 febreiro – 1 abril Primeira Planta

A Fundación DIDAC e DKV Seguros presentan a exposición Con-secuencias. Colección DKV en tres importantes espazos culturais de Santiago de Compostela: a Fundación Eugenio Granell, a Igrexa da Universidade e a Fundación DIDAC. A exposición reúne un total de 40 artistas, e poderase ver nas tres sedes situadas a escasos metros, nunha estratexia conxunta de dinamización cultural tan necesaria como pouco habitual.

Con-secuencias. Colección DKV, que será inaugurada o martes 6 de febreiro ás 19 h e que está coproducida pola Fundación DIDAC e DKV Seguros, coa colaboración da Fundación Eugenio Granell e da Universidade de Santiago de Compostela, complétase cunha publicación e unha serie de talleres con artistas. Na inauguración, trala súa presentación pública na Fundación DIDAC ás 19 h, farase unha visita guiada pola Igrexa da Universidade para rematar o percorrido expositivo na Fundación Eugenio Granell.

Os comisarios, David Barro e Alicia Ventura, seleccionaron as obras dos seguintes artistas: José Ramón Amondarain, Rosana Antolí, Antonio Ballester Moreno, Ana Barriga, Sergio Belinchón, David Bestué, Vicente Blanco, Manuel Blázquez, Jacobo Castellano, Diego Delas, Miren Doiz, Manuel Eirís, Christian García Bello, Santiago Giralda, Laura González Cabrera, José Guerrero, Rubén Guerrero, Fernando Gutiérrez, Carlos Irijalba, Miki Leal, Almudena Lobera, Anna Malagrida, Álex Marco, Nacho Martín Silva, Rosell Meseguer, Guillermo Mora, Nico Munuera, Carme Nogueira, Juan Olivares, José Miguel Pereñíguez, Jorge Perianes, Aleix Plademunt, Samuel Salcedo, Amparo Sard, Teresa Solar, Miguel Ángel Tornero, Daniel Verbis, Nelo Vinuesa, Santiago Ydáñez e Juan Zamora.