Home » Actividades » CHARLAS NA BIBLIOTECA

CHARLAS NA BIBLIOTECA

Fernando Rodríguez Campelo. Testemuños dende o cárcere provincial da Coruña (1946)
Impartida por: Enrique Sánchez Rodríguez
Xoves, 9 de novembro
Ás 19.30h
Biblioteca Fundación Eugenio Granell

O vindeiro, xoves 9 de novembro, ás 19:30 h. a Fundación Eugenio Granell presenta a conferencia Fernando Rodríguez Campelo. Testemuños dende o cárcere provincial da Coruña (1946) que impartirá Enrique Sánchez Rodríguez, filólogo e directivo da Agrupación Cultural O Facho.

Relatorio baseado nos escritos que o oficinista e dirixente da Agrupación Socialista (PSOE) Fernando Rodríguez Campelo redactou durante o presidio que padeceu no cárcere provincial da Coruña dende maio de 1946 até maio de 1947.

Contexto histórico

Tras o remate da II Guerra Mundial moitos dos opositores ao réxime do xeneral Franco esperaban unha reacción internacional contra devandito réxime fascista. A realidade non foi tal. O ditador seguía, e de feito seguiu no seu posto ata o seu pasamento, xa de vello.

No entanto, ese inmobilismo desencadeou unha reacción no país na altura (1945-46) que sumouse aos grupos de oposición que xa existían. A resistencia antifranquista no interior mobilizábase. O reagrupamento de forzas para coordinar accións era unha constante. Galicia non foi unha excepción.

Na Coruña e a súa bisbarra, producíronse un gran número de detencións. Xa que logo, entre outros moitos, Fernando Rodríguez Campelo foi detido e incomunicado logo das pesquisas policiais, e acusado de pertencer á Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas, que na altura estaba a desenvolver un importante tecido humano de oposición ao réxime, amais de ter axudado as familias dos represaliados políticos.