Home » Exposicións » ROJO. MAURO TRATOY

ROJO. MAURO TRATOY

5 outubro, 2017 – 21 xaneiro, 2018 Salas 4 e 5. Primeira Planta

A Fundación Eugenio Granell inaugurará a exposición Rojo, de Mauro Trastoy, o vindeiro día 5 de outubro, ás 20:00 horas que poderase visitar, nas salas 4 e 5 do Museo,  ata o 21 de xaneiro de 2018.

O proxecto foi comisariado por Monse Cea.
A mostra é o resultado da residencia que o artista tivo na Fundación entre os meses de marzo e  setembro do presente ano.
O período de traballo de Trastoy na Fundación, serviu para destilar a esencia de dez anos de traballo do artista: un fértil período de reflexión que conforma un proxecto específico formado por tres instalacións.
Na montaxe, a obra realizada durante a residencia, irá acompañada dun pequeno grupo de pezas anteriores que mostran os camiños percorridos polo artista ata facelos cristalizar na súa obra actual.
Na mostra, o debuxo, alicerce de toda obra do artista, abandona o formato bidimensional  para expandirse e adquirir un formato escultórico, a través de obras que cuestionan a distancia entre arte e artesanía.
No ano 2007 o artista sitúa o cambio de paradigma con respecto á súa obra anterior. Desleixándose do debuxo dixital, base da súa pintura, Trastoy opta por un debuxo que amplía o seu campo de acción utilizando técnicas ancestrais de traballo artesanal como o tecido, a cestería ou a cerámica.
A exposición esta formada por varias instalacións realizadas con debuxos encarnados mediante o tecido de diversos materiais -arame, fitas adhesivas, fío de cáñamo…- ou por medio da  cerámica.
Rojo, excederá  o seu espazo expositivo física e conceptualmente. De xeito simultáneo, a obra de Trastoy poderá verse no museo e na súa web site baixo ópticas diferentes. O obxectivo deste desdobramento é crear unha aproximación mais completa ao traballo do artista.
Monse Cea, 7/ 9/ 2016.

INICIO ROJO. Mauro Trastoy FIN INICIO ROJO. Mauro Trastoy FIN INICIO ROJO. Mauro Trastoy FIN   INICIO Montaxe exposición. ROJO. Mauro Trastoy FIN   INICIO FIN       INICIO FIN  

Aquí aparecerá el título