Home » Exposicións » Gotas de agua con Granell

Gotas de agua con Granell

Gotas de agua                 con Granell 26 abril – 2 xullo Salas 4 e 5. Primeira planta Patrocina VIAQUA

A exposición Gotas de agua con Granell, comisariada por Natalia Fernández Segarra, Directora da Fundación Eugenio Granell que contou co apoio e a coordinación de Lorena Rodríguez, responsable da Área de Restauración e Coleccións, componse de obras dos fondos da Fundación Eugenio Granell, onde a auga funciona como temática tanto polo seu peso simbólico na cultura e na arte, como pola gran importancia para a vida en Galicia.

A auga ten un gran protagonismo nas obras de Eugenio Granell, coma se aprecia no emblemático cadro Homenaje a los amantes de la playa de Riazor (1980) ou en Volcán de agua (1964) -inspirado no Volcán de Auga de Guatemala, onde o pintor viviu tres anos-. Por outra banda, podemos observar dous obxectos que fan referencia a esta temática,  El cisne de Taonela e El canto del cisne.

A mostra complétase con obras doutros artistas coma seu irmán, Mario Granell, presente nesta mostra con dúas pezas: La dama de las Islas Cálides (1990) e Sin título (1992), ademais da colaxe La mano del pez realizado pola compañeira de Granell, Amparo Segarra, así como a obra do artista inglés Philip West, quen representa tamén motivos mariños nos seus cadros; e de Fernández Molina, o óleo El encuentro (1980).

O percorrido expositivo complétase con pezas do amplo conxunto surrealista, con obras de artistas moi representativos do movemento, coma as do seu amigo Marcel Duchamp, ademais das obras de Rik Lina, Susana Wald, Francés del Valle, Virginia Vidich, Alex Weiss, Ferrán Blanco, Anne Ethuin, Enrique Carlón e Ludwig Zeller.

A Colección Étnica tamén está presente nesta mostra cunha selección de máscaras africanas con referencias ao mundo mariño a través de cunchas e cauríes: Máscara infantil e Máscara, ambas de Liberia; e N'Tomo, máscara de protección infantil dos Bambara, ademais da Kachina La nieve (Guerrero Zuñi). Estas pezas establecen un diálogo coas outras obras expostas.

 Esta exposición realízase coa colaboración e apoio de VIAQUA.