
Os meses de xuño, xullo, agosto e setembro 2016.
Proxecto "Artesanía de Galicia. O teu camiño" de A Fundación Centro Galego da Artesanía e o Deseño
Na Fundación Eugenio Granell
Todos os interesados en participar nas actividades formativas do proxecto "Artesanía de Galicia. O teu Camiño" que requiren inscripción previa, poden realizar a súa solicitude de participación no correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal ou chamando ao número de teléfono 881 999 174.
A Fundación Centro Galego da Artesanía e o Deseño en colaboración coa Fundación Eugenio Granell achegará este verán a marca Artesanía de Galicia á cidadanía compostelá e ao numeroso público foráneo que visita Santiago de Compostela a través do proxecto Artesanía de Galicia. O teu camiño. Entre outras actividades está previsto realizar varios obradoiros nos que o público en xeral poderá participar, e daráselles a coñecer os beneficios e a importancia dos produtos “slow made”, os produtos elaborados empregando o tempo necesario, e as características destes relacionadas coa súa durabilidade, o respeto ao medio ambiente, os trazos culturais, fronte a outros de producción industrial.
Os obradoiros de artesania que se organizarán son os seguintes:
. Obradoiro de escultura en vimbio (20 h.)
Os asistentes elaborarán unha peza escultórica na terraza do museo empregando vimbio entrelazado coa técnica de niño.
Impartido pola cesteira contemporánea Idoia Cuesta
Datas: 16 ao 18 de xuño
Horario:
Día 16 e 17 – 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20.00 h.
Día 18 – 12:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20.00 h.
Número alumnos: 10
Precio matrícula: 40 euros
. Obradoiro de ilustración. Cabeza-Mano (19 h.)
Traballarase en axeitar o trazo persoal ao xeito de debuxar de cada persoa, evitando as desvantaxes de empregar xeitos de debuxar impostos
Impartido polo artista plástico Eduardo Outeiro Ferreño
Datas: 16 ao 18 de xuño
Horario:
Días 16 e 17 – 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
Día 18 – 12:00 a 14:00 h. e 17:00 a 20:00 h.
Número alumnos: 12
Precio matrícula: 40 euros
. Obradoiro de pasamanería (14 h.)
Impartido polo artesán e membro do Centro de Recuperación da Cultura Popular Rafael González
Datas: 30 de xuño e 1 de xullo
Horario: 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
Número alumnos: 8
Precio matrícula: 35 euros
. Obradoiro de gravado. A colografía (26 h.)
Os asistentes coñecerán as técnicas básicas para a creación dun gravado mediante a técnica da colografía, consistente no pegado de obxectos nunha matriz
Impartido polo artista gráfico Xabier de Sousa
Datas: 3 ao 6 de agosto
Horario:
Días 3, 4 e 5 – 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20.00 h.
Día 6 – 12:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20.00 h.
Número alumnos: 8
Precio matrícula: 40
. Obradoiro de Introdución á encadernación copta (18 h.)
Os asistentes elaborarán unha pequena libreta mediante técnicas de costura copta e tapas elaboradas polos propios alumnos.
Impartido polo artesán encadernador Pablo Otero de Pino Encuadernaciones
Datas: 19, 20, 26 e 27 de agosto
Horario:
Días 19 e 26 – 16:00 a 20:00 h.
Días 20 e 27 – 12:00 a 14:00 h. e 17:00 a 20:00 h.
Número de alumnos: 10
Precio matrícula: 40 euros
. Obradoiro deseño de espazos expositivos (19 h.)
Impartido pola deseñadora de Woodfeelings Adriana Pardo
Datas: 15, 16 e 17 de setembro
Horario:
Días 15 e 16 – 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
Día 17 – 12:00 a 14:00 h. e 17:00 a 20:00 h.
Número alumnos: 10
Precio matrícula: 40 euros
. Obradoiro de ouriveiría (19 h.)
Traballarase na evolución e historia da ouriveiría compostelá e nas principais técnicas de deseño que a docente emprega no seu obradoiro de Santiago de CompostelaÇ
Impartido pola ourive Susi Gesto
Datas: 15, 16 e 17 de setembro
Horario:
Días 15 e 16 – 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
Día 17 – 12:00 a 14:00 h. e 17:00 a 20:00 h.
Número alumnos: 8
Precio matrícula: 40 euros
Obradoiros para nenos e nenas:
abertos sen inscripción previa
• Obradoiros de manipulado de papel
Os nenos e nenas asistentes empregarán o papel para dar renda solta á súa creatividade elaborando distintas formas con técnicas de papiroflexia
Impartidos pola artesá e educadora social Palmira Castro, do obradoiro Mimadriña
Datas: 17 e 18 de xuño, 16 de xullo, 3 e 24 de setembro
Horarios:
Día 17 de xuño – 16:00 a 20:00 h
Días 18 de xuño, 16 de xullo, 3 e 24 de setembro – 12:00 a 14:00h. e de 17:00 a 20:00 h.
• Obradoiros de elaboración de papel. Do papel ao libro
Os nenos e nenas asistentes coñecerán a historia da elaboración artesanal do papel e elaborarán eles mesmos varias follas a partir da pasta de papel
Impartido porla artesá do textil María José Martínez
Datas: 17 e 18 de xuño
Horario:
Día 17 – 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
Día 18 – 12:00 a 14:00h. e 17:00 a 20:00 h.
• Obradoiro Os vermes da seda
Os nenos e nenas asistentes coñecerán todo o proceso de elaboración da seda, dende a cría dos vermes da seda ata a súa extracción dos casulos e principais posteriores usos
Impartido pola artesá do téxtil María José Martínez
Datas: 16 de xullo
Horario: 12:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
• Obradoiro de cestería con papel reciclado
Os nenos e nenas asistentes coñecerán as técnicas básicas de cestería para elaborar pequenos cestos con papel reciclado.
Impartido pola artesá do téxtil María José Martínez
Datas: 3 de setembro
Horario: 12:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Obradoiros para familias:
aberto sen inscripción previa
• Obradoiros de iniciación ao torno cerámico. Xogo de cadáveres exquisitos.
Os asistentes elaborarán pezas de barro mediante este método de creación colectiva consistente en elaborar partes dunha peza a continuación doutra sen preocuparse da coherencia ou o sentido que o resultado final puidera ter.
Impartidos polos ceramistas Susana González e Antón Román
Datas: 17 e 18 de xuño
Horario:
Día 17 – 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
Día 18 – 12:00 a 14:00h. e 17:00 a 20:00 h.