Home » Actividades » TALLER “DEBUXA O MUSEO”

TALLER “DEBUXA O MUSEO”

IMPARTIDO POR: MARÍA MEIJIDE
DATA: Sábado 4 xuño
HORARIO: 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00
DIRIXIDO A: Todos os públicos
PREZO: 37 €
Material incluído: papeles de debuxo, grafito e tintas. O alumno pode traer o seu propio bloc de mán e lapis.

Este taller propón un curso-visita á Fundación Eugenio Granell a través do debuxo. Armados cun bloc de debuxo –en sustitución dun smartphone- visitaremos os fondos da colección e recorreremos o espazo arquitectónico do Pazo de Bendaña, mediante o apunte rápido.
A miúdo estamos acostumados a unha actitude contemplativa na visita do museo, as veces pasiva e incluso superficial.
A través do debuxo que propón este curso a mirada amplíase, reláxase e concéntrase.
Dalgún xeito podemos afirmar que cando debuxamos vemos máis! Afinamos na percepción, percatámonos dos detalles, e sen dúbida achegámonos ao artista que compuxo as obras que vemos.
No é necesario ser un profesional, calquera persoa pode debuxar!
Ao inicio do mesmo haberá unha breve e intensa clase de introdución a técnicas rápidas de debuxo, con exercicios de esbozo e mancha sobre papel. Con estos exercicios trataremos de combatir certos prexuizos asociados á  representación e que nos impiden debuxar libremente.
A súa vez servirán de pre-calentamento para o paseo no  museo, onde poñeremos en práctica estas destrezas ante as pezas da colección, o espazo arquitectónico, a vista da terrraza, etc.
Unha forma diferente -instrutiva e lúdica- de visitar o museo, aprender a debuxar e achegarse á colección da Fundación Eugenio Granell!